Un sitio cheo de encanto para pasar unha boa finde ou unha semaniña. É unha casa de tres habitacións, unha delas (a suite) con jazucci, o resto son mais sinxelas pero correctas. Nótase que hai moito mimo posto no proxecto. Ten unha galería exterior acristalada común que é unha gozada para ver amencer e o solpor. Tamen ten unha pequena cociña equipada. O mellor é o almorzo, caseiro, suuuuper abundante, e todo con produto da zoa, boísimo, e cunha atención exquisita. Sérvese a uns 40 metros, un minuto caminando, noutra casa da mesma família. Un pequeño negocio familiar dos que da gusto apoiar. O entorno é idílico para descansar e coñecer Algunhas das zonas máis auténticas da Galicia tocada polo atlántico. Pd: aceptan mascotas sen recargo extra!! Repetiremos seguro 🥰
Terjemahkan